
O programa educativo de BBVA "Aprendemos xuntos" [3] continúa sumando éxitos. As cifras apoian este proxecto co que se busca levar aos fogares e as aulas a visión de numerosos profesionais en diferentes materias para axudar a pais, profesores e nenos en cuestións que afectan ao día a día. Ademais, ofrece ferramentas para que poidan ensinar a fillos e alumnos competencias fundamentais para desenvolver o seu potencial. En nove meses superou a cifra dos 200 millóns de visualizacións.
A neurociencia no proceso de aprendizaxe, o uso das novas tecnoloxías, como fomentar a creatividade nos nenos ou a educación en igualdade son algunhas das temáticas tratadas desde o lanzamento de "Aprendemos xuntos". Os case 200 vídeos publicados que recollen o testemuño de psicólogos, científicos, pedagogos ou mestres xeraron máis de 200 millóns de visualizacións en tan só nove meses. Mostra da magnífica acollida do programa.
Este proxecto, que BBVA [3] realiza en colaboración con El País [4] e Santillana [5], converteuse nun referente á hora de compartir coñecemento dixitalmente. O feito de visualizar o contido dos 56 profesionais que ata o momento pasaron por "Aprendemos xuntos" vía ordenador ou dispositivo móbil, facilita a todos os seguidores deste programa poder nutrirse dunha información clave á hora de educar e xestionar aos nenos e novos. Sinalar, que BBVA tamén ofrece a posibilidade de escoitar o contido a través dos podcast [6] aloxados en bbva.com.
A comunidade social crece tamén a un ritmo excelente e rolda os 550.000 os seguidores do programa en Facebook [7], Twitter [8] e Youtube [9].
Ata agora, os vídeos máis vistos foron "Sobreprotexer aos nenos é desprotexelos" da xornalista e escritora Eva Millet [10], "O valor da actitude" do profesor e escritor Victor Küppers [11], "Sede os adestradores emocionais dos vosos fillos", da escritora e divulgadora Elsa Punset [12], "Antes dos dous anos, cero pantallas" da investigadora e divulgadora educativa Catherine L'Ecuyer [13] e "Intelixencia e desenvolvemento persoal" do cirurxián e escritor Mario Alonso [14].
Só pasaron 6 meses desde que dentro deste programa, tamén se lanzase o primeiro reto de aprendizaxe "Moito máis que falar [15]". Unha metodoloxía eficaz, gratuíta e divertida para axudar a nenos e adolescentes a expresar as súas ideas en público. Desde entón, 11.238 persoas sumáronse a el, dos cales 4.199 son profesores e 7.039 pais.
Máis de 2.400 colexios ata o momento interesáronse no primeiro reto de "Aprendemos xuntos" co obxectivo de trasladar aos alumnos as claves necesarias para mellorar a comunicación interpersoal. Por comunidades autónomas, Andalucía, Madrid, Valencia, Castela e León, Galicia e Cataluña encabezan a lista.
Ao longo destes meses, este proxecto de BBVA foi galardoado en dez ocasiones cos Youtube Ads Leaderboard [16], logrando situarse sempre entre os Top 5.
Ademais, obtivo na II edición do Festival Internacional de Publicidade Educativa, EducaFestival [17], o ouro á Campaña Integral e outros tres galardóns no apartado de estratexia de márketing relacional, estratexia de "branded content" e webs ou "microsite".
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9244.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://www.bbvaaprendemosjuntos.com/?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[4] https://aprendemosjuntos.elpais.com/https://aprendemosjuntos.elpais.com/
[5] https://aprendemosjuntos.elpais.com/?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[6] https://www.bbva.com/es/especiales/aprendemos-juntos/?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[7] https://www.facebook.com/AprendemosJuntosBBVA/?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[8] https://twitter.com/aprenderjuntos_?lang=es?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[9] https://www.youtube.com/channel/UCI6QcXatdaEAaRTRjl3dc0w?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[10] https://www.bbva.com/es/podcast-sobreproteger-a-los-hijos-es-desprotegerlos-eva-millet/
[11] https://www.bbva.com/es/podcast-tan-importante-saber-escuchar/
[12] https://www.youtube.com/watch?v=ZQgFPqNo5jg
[13] https://www.bbva.com/es/pantallas-perjudican-atencion-ninos/
[14] https://www.youtube.com/watch?v=f69n5VQLIQw
[15] https://www.bbvaaprendemosjuntos.com/muchomasquehablar/es?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[16] https://www.thinkwithgoogle.com/intl/es-es/canales-de-publicidad/video/youtube-ads-leaderboards/?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones
[17] http://www.educafestival.com/?bbvacom=aprendemos-juntos-200millones