
Esta mañá os establecementos de Carrefour en Galicia estrearon un servizo de vídeo-interpretación para persoas xordas [3] usuarias da lingua de signos denominado SVIsual [4], desenvolvido pola Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas. O novo servizo leva varios anos en probas nalgúns centros de Carrefour, e a partires de agora estará presenta nos 7 hipermercados da marca na comunidade galega co obxectivo de garantir unha prestación de servizos en igualdade de condicións a todos os clientes.
Ao acto de presentación celebrado en Compostela acudiron o conselleiro de Política Social da Xunta, José Manuel Rey; a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García; o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha; o director rexional de Carrefour para Galicia, Francisco Hipólito Rodríguez; e a directora da Fundación Solidaridad Carrefour, María Cid.
Mediante SVIsual as persoas xordas poden, a través dun vídeo-intérprete, establecer unha comunicación con persoas oíntes dun xeito fluído grazas a unha aplicación que contacta cun centro de chamadas capaz de integrar simultaneamente audio e vídeo. Nos centros de Carrefour estarán dispoñibles durante o seu horario de apertura dispositivos que faciliten o acceso ao servizo que busca rachar barreiras de comunicación.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7452.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://www.carrefour.es/grupo-carrefour/sala-de-prensa/noticias2015.aspx?tcm=tcm:5-44221
[4] http://www.svisual.org/