
Microsoft vén de estrear na App Store unha aplicación de balde [3] e con grandísima utilidade, que polo momento só está dispoñible en inglés, pero que demostra unha das aplicacións máis prácticas que podemos ver da intelixencia artificial: o recoñecemento de imaxes para axudar a persoas con eivas visuais.
A nova aplicación móbil chámase Seeing AI: Talking Camera for the Blind [4], ou sexa, que é unha cámara falante para invidentes, que empregando a cámara do smartphone como uns ollos artificiais pode narrar o que ten diante, de xeito que ao usuario cego ou con grandes problemas de visión pode indicarlle quen é a persoa que ten diante e as súas emocións, describir escenas (función aínda experimental), identificar cartos (funcionalidade que estará dispoñible en breve), recoñecemento de produtos (facilita o escaneo dos seus códigos de barras para facilitar a súa identificación) e tamén permite escanear documentos de texto (recoñecendo o texto) e ler en voz alta pequenos textos que aparezan fronte a cámara (como poden ser carteis indicativos).
Cómpre lembrar que esta tecnoloxía dista moito de ser perfecta, pero dado que está baseada en intelixencia artificial, canto maior sexa o seu uso, maior será a súa precisión, de xeito que no futuro poderá ser de grande axuda para moitas persoas, aínda que na actualidade xa podemos ter un atractivo avance do seu potencial a través da nova aplicación para iPhone de Microsoft.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7242.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://itunes.apple.com/us/app/seeing-ai-talking-camera-for-the-blind/id999062298
[4] https://www.microsoft.com/en-us/seeing-ai/