
A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este martes Tecno Verán, o programa de actividades que organizou nas aulas CEMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), situadas nos centros de convivencia María Balteira e O Castiñeiro, para este tempada estival. Ofrecerá 120 prazas en oito cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías, dirixidos a todas as idades.
Os cursos terán lugar de luns a venres, cun máximo de 15 prazas.
Na aula de María Balteira terán lugar os seguintes:
Na aula do Castiñeiro impartiranse as seguintes actividades:
O máximo de alumnos será de 15, establecéndose en 8 o mínimo para celebrarse cada un dos obradoiros.
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do xoves da semana anterior á celebración do curso elixido. Cada persoa so se poderá inscribir en dous cursos. Só no caso en que queden prazas baleiras poderase admitir a inscrición en máis de dous obradoiros.
O acceso aos cursos será por sorteo, a celebrar ás 11:00 horas do día seguinte ao peche da inscrición. A lista de admitidos poderase consultar na páxina web do Concello www.lugo.gal [3], no centro de referencia ou no teléfono de información municipal 010.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7111.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.lugo.gal/