
Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións, a Fundación de Tecnoloxías Sociais TECSOS lanza www.orientatech.es [3], unha iniciativa sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é dar a coñecer dunha forma rigorosa, imparcial e cunha linguaxe próxima solucións TIC existentes que poden ser de utilidade para fomentar a autonomía persoal e un envellecemento activo.
O proxecto pon a disposición a plataforma www.orientatech.es [3], un novo ‘Orientador' de Tecnoloxías Sociais, que ofrece filtros de procura para que calquera persoa poida atopar e comparar as solucións e produtos que mellor se adapten á súa necesidade”, indica Julián Andújar, xerente da Fundación TECSOS.
A análise dos produtos lévase a cabo por un equipo de enxeñeiros da Fundación de Tecnoloxías Sociais e da Fundación Vodafone expertos na aplicación social da tecnoloxía, que realizan a verificación técnica do produto, e un grupo de voluntarios e usuarios de Cruz Vermella, que coñecen as necesidades á que vai dirixido o produto e que realizan a validación social. Esta valoración técnica e social compleméntase con información práctica como vídeos, fotos, opinións doutros usuarios e entidades con información do produto incluíndo tipo de garantía, formas de adquisición e toda aquela información que poida ser relevante para coñecer o produto.
A Fundación Tecnoloxías Sociais – TECSOS [4] é unha fundación sen ánimo de lucro creada no ano 2002, a través do impulso conxunto da Cruz Vermella Española [5] e a Fundación Vodafone España [6].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6976.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.orientatech.es/
[4] http://www.fundaciontecsos.es/
[5] http://www.cruzroja.es/
[6] http://www.fundacionvodafone.es/