
En que consiste o teu proxecto?
STIMULUS [3] é un software para a estimulación e rehabilitación cognitiva. Baséase nunha serie de exercicios interactivos que adestran os distintos procesos cognitivos. Estas actividades (+50) clasifícanse ao redor de 10 áreas funcionais (atención, percepción, memoria de traballo, memoria a longo prazo, cálculo, razoamento, funcións executivas, funcións visio-motoras, linguaxes e velocidade). Está deseñada para ser usada en tablets, e ten un propósito profesional, aínda que tamén existe unha versión doméstica para usuario final.
Grazas a este software para tablets, moitos profesionais (neuropsicólogos, psicólogos clínicos, psicopedagogos, terapeutas ocupacionais, educadores, logopedas, etc.) poden planificar unha intervención
Como naceu?
En 2013, ao peche do centro de traballo onde prestabamos servizo como desenvolvedores de software e consultores tecnolóxicos de administracións e grandes empresas, decidimos poñer en marcha o noso propio proxecto. Por unha banda para desempeñar esa mesma actividade, trasladada nesta ocasión ao ámbito da peme e micropeme española, e por outra para tratar de facer realidade algunhas ideas de negocio interesantes que tiñamos en mente baseadas en novas tecnoloxías, entre elas, está claro STIMULUS.
O xerme da idea de STIMULUS atopámola na nosa relación con profesionais do sector da atención a persoas maiores e persoas con demencias (tipo Alzheimer, sobre todo), que nos leva a coñecer a existencia deste tipo de software, así como os problemas e limitacións que actualmente tiñan con eles.
Como e por que decidiches acudir ao Programa Minerva?
O perfil dos socios que formamos parte desta aventura en 2013 era claramente técnico. Polo que para que as nosas iniciativas tivesen algunha posibilidade de éxito, estaba claro que debiamos formarnos e buscar todo o apoio necesario para cubrir áreas tan estratéxicas como as finanzas, o márketing, ou as vendas.
A iso sumábase a propia natureza de STIMULUS, que esixía a incorporación de coñecemento académico-científico e aplicado, polo que en conxunto resultaba unha proposta arriscada e para a que necesitariamos axuda e asesoramento a moitos niveis.
O Programa Minerva [4] (proxecto entón), converteuse na ferramenta ideal para levar a cabo este reto, e foi precisamente este fito (ser seleccionados para a edición 2013-2014) o que definitivamente nos empuxou a poñelo en marcha. Polo que se pode dicir, que sen ese apoio, talvez STIMULUS non vise a luz nunca.
De que maneira axudou este programa ao teu proxecto?
De moitas maneiras, pero por centralo en algo, sen dúbida foi fundamental para construír un modelo de negocio ao redor da nosa idea, e planificar todo o seu desenvolvemento e acceso ao mercado. Foi fundamental a nosa aprendizaxe neste programa, que nos permitiu afrontar cunha maior seguridade a súa posta en marcha. Ademais o Programa Minerva é algo que non ten unha data de saída, senón que grazas ao Minerva Fórum seguimos recibindo o seu apoio, en forma de asesoramento, difusión, e acceso ás súas plataformas de financiamento e rede de contactos.
Cal é a situación actual do sector no que se desenvolve o teu proxecto?
Pois é difícil de definir. Diría que acontecen dous fenómenos á vez. Por unha banda, percíbense as novas tecnoloxías como unha gran oportunidade para mellorar os tratamentos e a atención a persoas con necesidades especiais (a nivel cognitivo, no noso caso). O que propicia que cada vez haxa un maior interese por parte dos distintos axentes que forman parte deste mercado, e que aparezan novos competidores. Pero por outra banda, tamén se está focalizando moito nos aspectos meramente científicos. O feito de que as novas tecnoloxías aplicadas a estes tratamentos non levan demasiado tempo fóra dos laboratorios, e os estudos empíricos sobre a súa eficacia aínda non son moi numerosos nin moi concluíntes, fai que exista moita controversia na comunidade científica (influente sen dúbida neste mercado) sobre o alcance real (en termos de eficacia) destes tratamentos.
Que cre que lle depara o futuro ao teu proxecto?
Os promotores témolo bastante claro, e aínda que queda moito traballo, a consolidación de STIMULUS no mercado só significou o primeiro paso para desenvolver o resto do noso negocio que se fundamentará nas seguintes 3 liñas:
Iso suporá a saída ao mercado dun novo produto que, entendemos, terá unha gran acollida no sector educativo pola alta demanda e escasa oferta de material específico.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6974.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://stimuluspro.com/
[4] https://www.programaminerva.es/