
“A Federación Nacional ASPAYM (Asociación de persoas con lesión medular e outras discapacidades físicas) e a Fundación Vodafone España, desenvolven o proxecto “Me@dministro” no que se realizarán cursos de capacitación entre iguais con persoas con discapacidade, facilitando o acceso e a comprensión sobre a identidade dixital, os servizos telemáticos, en especial os da Administración Pública, e o manexo das tecnoloxías de apoio.
Os cursos “Me@dministro" levaranse a cabo entre os meses de xaneiro e marzo, a través da participación das entidades de ASPAYM en: Asturias, Castela e León, Córdoba, Cuenca, Madrid, Málaga e Murcia.
Estes cursos serán impartidos por oito persoas con discapacidade que adquiriron os coñecementos necesarios para poder trasladalos a outros grupos de poboación. A capacitación destes delegados foi posible grazas á contratación dunha persoa con discapacidade, como docente e experto en novas tecnoloxías.
De igual forma, con este proxecto preténdese facer partícipe á propia Administración Pública e estender a formación a outras organizacións interesadas.
A formación apóiase nas guías didácticas “Eu uso os servizos telemáticos: os servizos electrónicos para a autonomía persoal”, dispoñibles para a súa descarga gratuíta en http://meadministro.aspaym.org [3], e na que a Fundación Vodafone España participou activamente facilitando os contidos dos seus desenvolvementos tecnolóxicos: produtos de apoio, aplicacións, etc.
Así mesmo, este proxecto suporá a creación da guía “Boas prácticas na xestión dos servizos telemáticos para todos: fácil, accesible e guiado” dirixida á Administración Pública, organizacións e empresas, na que se incorporarán referencias e recomendacións sobre a accesibilidade nos servizos telemáticos, que permitirá que todas as persoas poidan realizar as xestións telemáticas que necesite, sen importar as súas capacidades, contribuíndo ao seu propio empoderamento.
O proxecto Me@dministro é un proxecto de formación dirixido á promoción da autonomía persoal a través da inserción laboral mediante o apoio e a formación en novas tecnoloxías, para dinamizar o uso dos servizos telemáticos e a tecnoloxía de apoio nas persoas con discapacidade, persoas maiores, así como a outros grupos de interese que poidan beneficiarse dos mesmos.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6657.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://meadministro.aspaym.org
[4] http://www.aspaym.org/pdf/TripticoMeadministro.pdf
[5] http://www.aspaym.org/pdf/CalendarioMeadministro.pdf