
Os encontros mensuais de Coruña Bloggers retomaranse a semana que vén [3] tras o parón do Nadal na súa nova sede, a Fundación Barrié, que o vindeiro día 25 a partires das 19:30 horas acubillará a un nutrido grupo de profesionais e entusiastas do mundo das bitácoras de Internet que xúntanse para compartir coñecementos e experiencias, contando tamén cunha finalidade solidaria, xa que prégase aos asistentes que acudan cun mínimo de 1 quilogramo de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica da Coruña (confiando en superar en breve a tonelada de alimentos aportados).
A xornada abrirase coa xornalista Bárbara G. Vilariño [4], quen actualmente traballa como asesora de comunicación nunha axencia para a transformación dixital de empresas e colabora con medios como Pikara Magazine e ElDiario.es, e a súa charla abordará a curación de contido para conseguir un blog de éxito.
Seguiraa Miguel Florido [5], consultor e profesor de marketing dixital e redes sociais. Esta última charla, titulada Como convertín a miña paixón na miña profesión, destacará por realizarse a través de streaming, de xeito que os asistentes verana na pantalla xigante do salón de acto da Fundación Barrié, contando igualmente cunha quenda de preguntas.
Tras as charlas formais a sesión completarse cun #CoruñaBloggersBeers nun local de hostalaría próximo, La Taberna de Rita. Os interesados en participar neste encontro poden solicitar a súa entrada de balde a través de Eventbrite [6].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/170116_coruna_blogg72e3.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://corunabloggers.com/2017/01/15/ya-estan-las-invitaciones-para-el-6o-corunabloggers-del-25-de-enero/
[4] http://gpuntovilarinho.com/
[5] http://www.marketingandweb.es/
[6] https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-bloggers-6a-edicion-31136560290