
A Fundación María José Jove e a Asociación Participa para a Inclusión Social han presentado esta mañá a IV edición de ACTÚA, Acción Xuvenil de Conciencia Social Positiva, un programa gratuíto pioneiro en España, dirixido a mozos de entre 12 e 16 anos. Baixo o título de enrREDados, nesta nova edición os seus impulsores apostaron por levar a cabo un ambicioso programa para formar aos mozos, pero tamén aos pais e profesores, no coñecemento, bo uso e bo trato nas redes sociais.
Felipa Jove, presidenta da Fundación María José Jove, María Lemos, vicepresidenta da Asociación Participa e Belén Rey, directora de Comunicación da Fundación María José Jove e responsable deste proxecto explicaron esta mañá o programa, que consta de tres apartados principais: xornada divulgativa para pais e profesores, sesións socioformativas en centros educativos e creación do site www.buentratoenlared.org [4] que estará operativo o 17 de outubro.
Xornada para pais e educadores
enREDados comezará cunha xornada divulgativa para pais de nenos de máis de 10 anos e profesores que terá lugar o 15 de outubro. Baixo o título de "Bo trato nas redes sociais" abordaranse as aplicacións, utilidades, riscos das redes sociais; identificarase o uso que fan os menores delas (protección, responsabilidade, legalidade, supervisión) e explicarase que poden facer os pais e os profesores.
Para iso, a Fundación María José Jove e a Asociación Participa para a Inclusión Social reunirá a expertos da talla de Guillermo Cánovas, director do Observatorio para a promoción do uso saudable da tecnoloxía: Educalike, que falará sobre prevención, identificación temperá de problemáticas, tecnoadicciones ou ciberbulling, entre outros temas. Así como a José Luis RodríguezArias, psicólogo clínico da Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do CHUAC, que explicará estratexias de intervención familiar; e a Santiago Legaspi de Quérote + Centro de Información e Asesoramento para a Mocidade da Xunta de Galicia.
A entrada é gratuíta previa inscrición na web da Fundación María José Jove, habendo dispoñibles 65 prazas para pais e 65 para docentes.
Sesións en centros educativos de primaria e secundaria
Estímase que nesta edición participen ao redor de 700 menores de 7 centros educativos da Coruña, seis dos cales xa participaron en anteriores edicións e outro se incorpora por primeira vez.
As sesións levarán a cabo no propio centro educativo desde novembro a abril e constan de talleres prácticos de experimentación activa para sensibilizar, identificar, modificar relacións inadecuadas nas redes sociais como non legalidade, non respecto, invasión de intimidade, control, sexismo... e para fomentar relacións sas nas redes. Para iso, hai dúas primeiras fases que levan a cabo no centro: un primeiro bloque (outubro-decembro) que son sesións de Inmersión e Coñecemento Práctico e un segundo apartado de sesións Prácticas de Experimentación (eneromarzo). Para concluír, hai unha sesión final de conclusión (abril) que se desenvolve na sede da Fundación María José Jove.
Site: www.buentratoenlared.org [4]
Co obxectivo de facilitar a formación ao maior número de pais, profesores e mozos a Fundación María José Jove e a Asociación Participa para a Inclusión Social han decido poñer a disposición de todos, os materiais orixinais que se crearon para este programa. En concreto, a partir do 17 de outubro estará operativa a páxina web www.buentratoenlared.org [4] que reunirá datos, consellos, test, recomendacións, normas, etc. sobre as redes sociais.
A información estará organizada en tres bloques: Mozos, Pais e Familia e Profesores respondendo deste xeito os intereses de cada público, aínda que se repetirá a estrutura. O visitante poderá "radiografiarse" e realizar unha autoevaluación para reflexionar sobre o seu nivel coñecemento e definir o uso que fai das redes sociais. Ademais, atopará información sobre as principais redes sociais, a normativa, os riscos e as ameazas, consellos para un bo uso, prevención, etc.
Balance
O programa ACTÚA experimentou un crecemento exponencial desde que se puxo en marcha en 2013, crecemento que pon en valor o esforzo e os recursos que a Fundación María José Jove e a Asociación Participa para a Inclusión Social han dedicado a este proxecto, fortalecendo así a súa vocación de continuidade. Neste sentido, cabe destacar que o programa chegou no seu primeiro ano a 100 participantes, cifra que na súa segunda edición subiu a 400 e na terceira a 600 mozos. Agora, ambas as entidades dan un paso máis, ampliando os destinatarios a pais e profesores e creando un site aberto ao público para que todo o mundo poida traballar e consultar o material didáctico.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161011_banner_actua.jpg
[2] http://www.buentratoenlared.org
[3] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[4] http://www.buentratoenlared.org/