
Este sábado celébrase en Compostela unha xornada organizada pola Escola de Familias da Fundación MAPFRE [3], en colaboración con Down Compostela [4], que busca reflexionar sobre a necesidade de incorporar na vida cotiá das persoas con discapacidade o uso das TIC e analizar como estas contribúen a favorecer a súa autonomía e vida independente.
O director da Escola de Familias e Discapacidade da Fundación MAPFRE, Gonzalo Berzosa, aparte de impartir a primeira conferencia da xornada, tamén participará na mesa redonda sobre utilizar a tecnoloxía para fomentar a autonomía persoal e a vida independente, que estará coordinada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e na que debaterase sobre o uso axeitado das TIC como ferramentas para o desenvolvemento persoal e a vida autónoma.
O programa da xornada [5] desenvolverase entre as 9:00 e as 13:45 horas do sábado no Hostal dos Reis Católicos, sendo de entrada libra previa
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161007_jornadas.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://discapacidad.fundacionmapfre.org/escueladefamilias/es/
[4] http://www.downcompostela.org/index.php?idMenu=40&int1=297
[5] http://discapacidad.fundacionmapfre.org/escueladefamilias/es/imagenes/programa-jornada-escuela-familias-v2_tcm207-232939.pdf