
O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) [3] e a AMTEGA seguen adiante co seu obradoiro de Scratch itinerante. Desta volta será en Ourense, na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI), onde teña lugar o dito obradoiro para programar [4]videoxogos con Scratch e será este sábado 8 de outubro. A actividade en cuestión, que será de balde, está encamiñada a 15 escolares (de 7 a 15 anos) acompañados polos seus pais ou nais. Engadir que será preciso rexistrarse en liña [5] para acudir ao evento.
Do mesmo xeito que aconteceu en Vigo (este venres 7 [6] e tamén da man do dito Colexio), Ourense súmase á programación informática a través dos cursos de Scratch promovidos polo CPETIG, unha experiencia na que xa participaron en edicións anteriores 95 rapaces de Coruña e 60 de Santiago.
Indo á sesión ourensá, esta levarase a cabo de 9.30 a 14 horas nas instalacións da ESEI, está estruturada en dous niveis que se desenvolverán de xeito simultáneo: un para rapaces (acompañados de pais ou nais) e outro para docentes (profesorado non universitario, colexiados do CPETIG e do CPEIG), co obxectivo de difundir os valores da programación informática na comunidade escolar. En total, a sesión dará acubillo a 60 participantes, entre escolares e adultos.A participación no taller supón, tanto para docentes como para escolares, a aprendizaxe da utilización de Scratch como factor creativo e motivacional, utilizado con obxectivos didácticos. O Scratch é unha ferramenta baseada en pezas que se encaixan e que serven para construír pequenos programas que permiten iniciar ao alumnado na linguaxe de programación dun xeito doado.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161006_cpetig_scratcd34.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.cpetig.org/
[4] https://www.eventbrite.es/e/registro-seminario-de-scratch-ourense-28279840765
[5] https://www.eventbrite.es/e/registro-seminario-de-scratch-ourense-28279840765#tickets
[6] http://codigocero.com/O-CPETIG-organiza-un-novo-obradoiro-para-ensinar-a-escolares-a-programar