
O número de aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 [3] segue a medrar a bo ritmo. A última incorporación (que non a derradeira) suma á Asociación Inserta Empleo da Fundación ONCE, quen, xunto coa Amtega, veñen de poñer en marcha unha interesante acción formativa.
A Asociación Inserta Empleo [4], é a entidade da Fundación ONCE para a formación e emprego de persoas con discapacidade que e busca posibilitar a súa integración plena na sociedade mellorando a súa cualificación profesional; promover a creación de emprego para persoas e apoiando a creación de prazas ocupacionais en colaboración coas entidades do movemento asociativo de persoas con discapacidade e as súas familias.
“Formación e CODIX para persoas con discapacidade [5]”
Ese é o título da acción conxunta que ofrece capacitación en ofimática a persoas en situación de desemprego con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, co fin de garantir o seu acceso ao mercado laboral.
As primeiras actividades formativas de ofimática tiveron lugar nas aulas da Rede CeMIT de A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Santiago e Lugo, onde se desenvolven as 190 horas formativas do curso para a obtención da certificación en ofimática (CODIX). Unha vez rematado o período de formación, as persoas participantes poderán obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) mediante a superación dunha proba presencial de carácter voluntario baixo a supervisión tanto de Inserta Empleo como da Amtega.
Inserta Empleo colaborará tamén co Plan de Inclusión organizando outras actividades formativas, eventos ou iniciativas de divulgación e dinamización das TICs e na difusión da inclusión dixital en Galicia.
Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta xa con 700 aliados dixitais, aos que se vén de sumar á Asociación Inserta Empleo da Fundación ONCE.
Lembra que podes formar parte dos Aliados Dixitais [6] da Xunta de Galicia solicitándoo aquí [7].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160915_insertaempleo.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://faitedixital.xunta.gal/sites/default/files/documentos/Plan_Inclusion_Dixital_Galicia.pdf
[4] http://www.fsc-inserta.es/Paginas/Home.aspx#.V8Rc-7VkjjM
[5] http://faitedixital.xunta.gal/gl/proxectos
[6] http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160429/AnuncioG0177-220416-0001_gl.pdf
[7] https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=PR&codProc=602A&procedemento=PR602A