
O proxecto Pedaleando por Vilagarcía está a coller pulo na Rede. Trátase, orixinalmente, dunha exposición organizada polo colectivo O Faiado da Memoria [3] para recuperar e visualizar ante o mundo o pasado da cidade, as súas xentes e os seus modos de vida a través do emprego cotián dun aparello que foi concibido, precisamente, para mellorar eses modos de vida: a bicicleta. Segundo fan saber dende O Faiado, a exposición vén de converterse agora en libro da man de Phottic, a plataforma en liña de recuperación do patrimonio fotográfico.
O proxecto, como lembraremos, ten web de seu, a través de ofaiadodamemoria.org [4]. O punto de venda en liña témolo dispoñíbel xa na tenda Phottic [5].
O libro, como dixemos, é a recompilación da exposición que o devandito colectivo organizou en 2015, na cal se tomaron como punto de partida as bicicletas, as persoas e a paisaxe da vila arousá. O percorrido fotográfico vén acompañado para a ocasión (para este libro que se presente hoxe) de textos creados polos membros de O Faiado da Memoria, un ano despois de que estas imaxes tomaran as rúas de Vilagarcía.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160811_portada.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria/
[4] http://www.ofaiadodamemoria.org/
[5] http://tienda.phottic.com/es/inicio/2-pedaleando-por-vilagarcia.html