
A iniciativa Enred@te, ideada pola Cruz Vermella, a Fundación Vodafone e a Fundación TECSOS, xurdiu como evolución dun proxecto anterior no que se desenvolveu e pilotou unha solución de vídeo-comunicación entre persoas maiores, a través dun sistema instalado nos seus propios televisores. Ante o éxito desa primeira iniciativa, decidiuse avanzar cara a unha solución máis flexible, robusta, de sinxelo manexo e maior calidade, conseguindo unha rede social accesible a través de tablet que poden utilizar as persoas maiores para vídeo-comunicarse con outras persoas maiores e manterse informadas de diversos contidos de interese. Ademais, como novidade, incorpora a participación do voluntariado virtual, parte da rede que promove o seu uso de maneira inclusiva e participativa. Esta solución tamén se pilotou en 2014 con resultados positivos, e actualmente estase traballando para convertela nun servizo que permita chegar ás persoas maiores a través da Cruz Vermella.
Accede aquí [3] ao artigo completo
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/logo_tecsos.gif
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://fundaciontecsos.es/sites/default/files/51656-100034-2-PB.pdf