
Como utilizar o software libre para compartir o coñecemento, fomentar o desenvolvemento local, crear comunidades e cambiar de modelos de negocio no mundo da tecnoloxía será o fío condutor do relatorio que Emilio J. Padrón, do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e profesor de Informática da UDC, dará hoxe no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) a partires das 20:00 horas.
A soberanía tecnolóxica é un concepto que propugna a necesidade da habilitación colectiva no eido tecnolóxico, dende as aplicacións máis básicas do coñecemento científico até as TIC, buscando cubrir con equidade os dereitos e servizos básicos, asegurar as posibilidades de produción e participación social e facilitar a sustentabilidade e autonomía mediante unha axeitada xestión do coñecemento. Para iso, no ámbito tecnolóxico xoga un importante papel o software libre, considerado unha tecnoloxía axeitada: xa que o seu código está aberto e calquera persoa pode usalo, modificalo e redistribuílo libremente, en clara contraposición a outro tipo de tecnoloxías baseadas no control e o poder, que no caso do software podemos atopar no que denominaremos software propietario.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/emilioJpadron.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()