
O pasado xoves día 17 de febreiro en Torre Jussana dentro do marco da semana do Mobile Word Congres, tivo lugar a xornada #di_capacidad As TIC ao servizo das persoas, organizada polo ODF (Observatori Discapacidad Física) coa colaboración da Fundación Vodafone, a Obra Social La Caixa, o CAB (Consell d'Associacions de Barcelona), Cocemfe Barcelona e TMB (Transports Metropolitans de Barcelona).
Ás 17:00 horas deu a benvida o Sr. Alfons Tiñena como director do CAB a todos os asistentes. Entre eles, membros do Congreso dos Deputados, do Parlament de Catalunya, do Departament de Salut, a Sindicatura de Barcelona, a Àrea Metropolitana de Barcelona, así como diferentes Asociacións e Fundacións todas elas comprometidas co ámbito da discapacidade.
O Sr. Pau Vidal como director do Observatori do Terceiro Sector presentou a vinculación que hai co Observatori da Discapacitat Física, seguido a Sra. Joana Sánchez en nome de Vodafone, presentou o proxecto que iniciou a Fundación Vodafone para formar e axudar, dentro do marco das novas tecnoloxías, ás persoas con discapacidade. A continuación a Sra. Angels Pont expuxo a metodoloxía da enquisa realiza por GESOP con 1.039 persoas con discapacidade, destacando a importancia da accesibilidade ás novas tecnoloxías, e por último o Sr. Raül Casas de TMB, presentou dúas aplicacións de dispositivos móbiles que axudan ás persoas con discapacidade visual a moverse polo interior das estacións de metro e a acceder con facilidade ao autobús.
Clausurou o acto a Sra. Pilar Díaz directora do Observatori Discapacitat Fisica incidindo que dúas de cada tres persoas con discapacidade confían nas novas tecnoloxías para mellorar a súa calidade de vida, entendendo que é imprescindible a innovación e a formación dixital.
Ao finalizar o acto serviuse a todos os asistentes unha copa de cava.
Podemos ver esta noticia na Web Oficial do Observatorio Discapacidade Física (ODF) [3].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/jornadaOdf2016.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://observatoridiscapacitat.org/es/2-de-cada-3-personas-con-discapacidad-confian-en-las-nuevas-tecnologias-para-mejorar-su-calidad-de