
Big Notifications é unha aplicación para Android que facilita o acceso ás notificacións no Smartphone a persoas con algunha limitación visual. A ferramenta, ademais de aumentar o tamaño do texto mellora o contraste entre o fondo e a letra.
A aplicación é moi fácil de utilizar e funciona como un complemento que se activa cando o decide o usuario e pode desactivarse en calquera momento. Ademais, permite ao usuario personalizar o tamaño da letra, segundo as súas necesidades.
Big Notifications é compatible con terminais que operen con Android 4.3 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta desde Google Play [3].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/bignotifications.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://play.google.com/store/apps/details?id=cz.twobig.notifications