
Folios, axendas, cadernos, libros. Quilos e quilos de papel que hai uns anos pesaban sobre as costas e ocupaban mochilas, bolsos e mesas. Están a desaparecer, aos poucos, da vida dos estudantes. A dixitalización dos alumnos nas universidades camiña ao mesmo paso que eles; segundo o último estudo de Tuenti Móbil e IPSOS, o 84% dos mozos enquisados conéctase a Internet desde o móbil e o 40% utilízaos para estudar, facer intercambio de apuntamentos ou traballar en grupo.
Móbiles e tabletas desterrarán ao bolígrafo e ao papel para mellorar, maximizar e optimizar as tarefas dos universitarios; deixaron de ser un elemento de distracción durante as clases para converterse nunha ferramenta de traballo. Case sempre. Álex Rayón é profesor na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Deusto e responsable das TIC no centro. É el quen está a pór a funcionar a maquinaria que asente as tecnoloxías de información e comunicación na universidade vasca: "Todo o plan de formación en competencias dixitais. Creo que con isto hai que ser valente".
Aos alumnos aínda lles custa usar apps durante as clases, aínda que fora xa se converteu nun hábito. "Aos profesores cústalles afacerse. O maior medo é que, teléfono en man, poidan estar a facer outras cousas que non sexan da materia". Facebook, Twitter, Whatsapp. "Que ocorre entón? Que se prohiben os móbiles na aula", conta Rayón. "Pero o que debemos facer, e o que eu tento cada día, é levar as clases ao móbil, acaparar a súa atención".
Rayón imparte clases de Innovación e emprendemento en Deusto e Estratexia dixital en Deusto Business School. En parte delas navega na nube, en Youtube e en Google Drive. "Cando fan exposicións pídolles que se graven, iso sóbeno a canles temáticas que creamos en Youtube e faise unha revisión por grupos. É unha das formas de levar a clase á contorna móbil". Desde Evernote, para xestión de contidos, até Mindomo, para crear mapas conceptuais, Rayón consegue pór a clase sobre o móbil. "E non ao revés, para aproveitar ao máximo todos os recursos dispoñibles".
Para axudar a conseguir ese obxectivo recompilamos as mellores aplicacións de iOS, Android e Windows Phone para espremer o curso.
A man alzada
Para non perder o costume de mover o pulso e o codo ao escribir, recopilamos aplicaciós coas que poderás seguir escribindo de forma tradicional, eso sí, sobre unha pantalla.
Organizado e a tempo
A os que no lles importe prescindir de axendas, post it e papeliños en medio de ducias de cadernos, seis ferramentas que axudan a organizar, recordar e gardar.
Gardar e compartir
Antes, fotocopiabase. Agora, sóbese á nube. Tres lugares virtuais onde almacenar calquer tipo de arquivo e poder acceder a eles desde calquer dispositivo ou compartir cos compañeiros do grupo de traballo ou cos profesores.
Páxina a páxina
Para moitos, o romanticismo de pasar e aspirar o olor das páxinas dos libros non é motivo suficiente. Nos lectores dixitais pódense almacenar miles de títulos, todos dispoñibles de forma inmediata.
Sempre útil
Escanear, facer cálculo ou desconectar a wifi, que a veces convértese máis en tentación que en axuda, unha recopilación de aplicacións que poden ser unha axuda puntual.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/estudianteTableta.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://evernote.com/intl/es/penultimate/
[4] https://play.google.com/store/apps/details?id=com.steadfastinnovation.android.projectpapyrus&hl=es
[5] http://www.onenote.com/
[6] https://evernote.com/intl/es/
[7] http://istudentpro.com/windows.php
[8] https://www.mystudylife.com/
[9] http://www.any.do/
[10] https://flexibits.com/fantastical-iphone
[11] http://www.6wunderkinder.com/wunderlist
[12] http://www.google.com/drive/about.html?usp=ad_search&gclid=CMOr-4ePyLkCFY7LtAodAUcAyA
[13] https://www.dropbox.com/
[14] https://onedrive.live.com/about/es-es/
[15] http://www.apple.com/ipad/built-in-apps/#ibooks
[16] http://www.goodreader.com/goodreader.html
[17] https://www.amazon.es/gp/digital/fiona/kcp-landing-page?ie=UTF8&ref_=kcp_pc_mkt_lnd
[18] http://kzlabs.me/
[19] http://thegrizzlylabs.com/
[20] https://www.camscanner.com/
[21] http://www.ommwriter.com/
[22] https://getpocket.com/