
Os investigadores do Wadsworth Center en Albany, Estados Unidos, demostraron recentemente en The Verge como marcha un proxecto realmente singular: a posibilidade de escribir na pantalla dun computador a través, simplemente, dos nosos pensamentos.
Jonathan Wolpaw, un investigador especializado en enfermidades cerebrais, desenvolveu unha interfaz que entre outras cousas permitiría que xente con parálise poida comunicarse co mundo grazas a este tipo de sistema.
Como explicaban en The Verge, o sistema fai uso dun gorro similar a un gorro de baño que recolle a actividade cerebral grazas a unha serie de eléctrodos integrados no tecido. Eses eléctrodos permiten que cando nos concentramos nunha letra específica nunha matriz mostrada na pantalla do computador.
Cada unha desas letras ten un patrón de iluminación intermitente distinta, e o sistema é capaz de interpretar en que letra estamos a pensar grazas a ese patrón e a eses eléctrodos. Aínda que o sistema de escritura é lento -escribir cada letra levoulle uns 15 segundos á redactora do artigo- o resultado foi claro: podía escribir coa mente. Como explicaba Wolpaw:
"Coa chegada de tecnoloxías de soporte vital como os respiradores artificiais domésticos, é posible para xente con discapacidades graves seguir vivindo durante longos períodos de tempo, pero uno dos grandes problemas para xente nesas situacións é que queren poder continuar comunicándose. Se perden iso, gran parte das razóns para seguir vivindo tamén se perden."
Este sistema, denominado "Brain Computer Interface", leva anos en desenvolvemento, e un dos seus responsables, o Dr. Peter Brunner destacaba como hai preto de 100 millóns de potenciais usuarios desta tecnoloxía en todo o mundo, incluíndo a 16 millóns de enfermos de parálise cerebral. As implicacións para todas estas persoas son por tanto enormes, e de feito hai tempo que algunhas empresas comercializan este tipo de dispositivos.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/brain-computer2.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()