
As Enfermidades Pulmonares Obstructivas Crónicas ou EPOC, como o efisema ou a bronquite crónica, son a terceira causa de morte en EEUU segundo a OMS. Así que calquera axuda para reducir o número de mortes asociadas a estas doenzas é benvida.
O sensor ou wearable da imaxe é de Philips, e conectado coa súa propia nube, vai permitir aos pacientes enviar información do seu estado aos médicos que os atenden.
O sensor, que vai introducido nunha cinta adhesiva que se pode cambiar, encárgase de monitorizar diferentes variables médicas relacionadas coa EPOC que sofre en paciente. A respiración, ritmo cardíaco ou actividade física quedan recollidas polo sensor, que conectado ao smartphone do paciente, actualiza a información na súa base de datos na nube e esta faise accesible en tempo real para o equipo médico.
A proba deste sistema está a realizarse en colaboración co centro médico Radboud, en Holanda, e como parte do proxecto, habilitaranse as ferramentas necesarias para que hospitais e doutores poidan desenvolver aplicacións open source.
Con esa información chegando puntual ao equipo médico e mesmo familiares habilitados, tanto o coidado como o seguimento ou tratamento do paciente pode realizarse de forma remota e completamente personalizada. E en caso necesario, modificar o tratamento sen pasar por consulta ou directamente pedir unha actuación urxente.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/650_1000_philips_copd.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()