
Unha empresa de xoguetes de Xapón anunciou que proximamente presentará un dispositivo capaz de revelar os sentimentos ocultos dunha persoa. A compañía Tomy Co., con sede en Tokio, planea lanzar o produto, denominado "Escáner da Mente" ("Mind Scanner"), o próximo 30 de outubro.
"É un xoguete, e non é tan preciso como os detectores de mentiras", dixo unha portavoz da compañía. O dispositivo conéctase directamente á cabeza do usuario e pode determinar o estado emocional dunha persoa mediante o monitoreo do seu pulso con luz infravermella.
Utiliza a máis nova tecnoloxía para monitorear se a persoa se atopa acougada, dubidosa ou até tensa. O resultado é reflectido en tres diferentes cores: verde, amarelo e vermello respectivamente.
A empresa xaponesa porá no mercado este innovador produto, o próximo 30 de outubro na sede de Tokio, tendo un custo aproximadamente de 23 dólares.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/306_QPSC_14.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()