
O equipo de Google Glass non para de experimentar coas capacidades das súas lentes intelixentes demostrando unha vez máis que os usuarios deste produto tecnolóxico poden expandir os seus usos ata convertelo nunha ferramenta adaptada aos retos do futuro.
Unha proxecto foi MindRDR, un proxecto que combina as funcións dunha aplicación e un dispositivo hardware para converter as Google Glass nunha interface cerebro-ordenador (o sistema mide as ondas cerebrais e transfórmaas en accións concretas).
Avanzando na mesma liña de aplicacións neurocientíficas, o grupo desarrollador das lentes intelixentes de Google presenta outra innovación, esta vez relacionada coa detección das emocións.
A tecnoloxía vén das mans dun grupo de científicos do Instituto Fraunhofer de Alemaña que leva moitos anos indagando no estudo e a medición das emocións usando as técnicas de recoñecemento facial.
Ao principio a aplicación SHORE (siglas de Sophisticated High-speed Object Recognition) deseñouse co obxectivo de axudar a mellorar a comunicación das persoas con discapacidades. A participación no programa Google Glass Explorer demostrou aos autores do proxecto que a idea se podía estender ao uso público así que decidiron integrar as capacidades do software ás Google Glass. O resultado foi un reinvento da comunicación, noutras palabras unha innovación típica das películas protagonizadas por robots que poden observar as emocións nas súas pantallas en tempo real.
A tecnoloxía SHORE baséase na aprendizaxe de novos algoritmos. Os investigadores declaran que a aplicación suma máis de 10.000 expresións faciais, desde felicidade ou sorpresa ata ira ou tristeza e que se poden visualizar na pantalla das Google Glass cando o usuario das lentes está diante dunha persoa. O software é capaz tamén de estimar o seu sexo ou a idade, unha característica que o grupo de científicos cre que podería levar a outras aplicacións no sector dos xogos interactivos ou das investigacións de mercado.
Detrás as novas oportunidades científicas que abre a lectura das emocións usando o recoñecemento facial, a nova integración non evitará levantar sospeitas sobre a gran variedade de usos que se lle podería dar á aplicación se os equipos implicados decidisen dirixila ao gran público (de momento non se fixou unha data para o lanzamento).
As emocións seguen pertencendo á nosa base de datos persoais así que facelas visibles é unha cuestión que depende da propia vontade de cada un. Que non nos esquezamos que ademais dos que apoian as Google Glass hai tamén detractores, por tanto unha aplicación capaz de decodificar o comportamento humano podería ser percibida como unha transgresión da súa intimidade.
Os científicos alemáns adiántanse á variedade de opinións e aseguran que a súa tecnoloxía non pode analizar máis do que indican as expresións faciais. Isto quere dicir que o software de SHORE non será capaz de determinar a identidade dunha persoa senón que simplemente ofrecerá datos sobre o tipo de emoción reflectido polo seu rostro en tempo real.
A aplicación satisfai o principal obxectivo polo cal foi creada, a de ofrecer información útil ás persoas con discapacidades comunicativas por exemplo o autismo. As emocións que o usuario é incapaz de interceptar se decodificarían a través da aplicación ofrecendo unha imaxe máis completa da interacción social. Outro dos usos podería servir para axudar ás persoas con problemas de visión (a información que lles falta podería ser proporcionada por un sistema de feedback audio).
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/google_glass.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()