
Xordo Axuda é unha aplicación baseada na tecnoloxía de recoñecemento de voz que facilita a comunicación das persoas con discapacidade auditiva transcribindo en tempo real as conversacións.
Os compañeiros de Orientatech analizaron esta aplicación que, cunha interface moi fácil de usar e de forma gratuíta para teléfonos Android, supón unha ferramenta moi interesante para as persoas xordas ou con perda de audición.
A aplicación capta o audio do interlocutor que se comunica coa persoa xorda e transcríbeo a texto, facilitando a comunicación especialmente no caso de persoas que non sexan signantes.
Como apunta Orientatech na súa análise, que podedes ler aquí ao completo [3], en situacións normais de ruído a precisión da aplicación é bastante boa e está dispoñible en distintos idiomas para aumentar as posibilidades de uso.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11432.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.orientatech.es/sordo-ayuda