
Un proxecto tecnolóxico con vontade de inclusión social dirixido por persoal investigador do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña vén de ser galardoado na segunda edición dos Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da UDC.
Trátase do proxecto TFG para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de apoio á diversidade [3], dirixido polo subdirector do CITIC Javier Pereira Loureiro e os docentes da Facultade de Informática e persoal investigador do CITIC, Adriana Dapena Janeiro, Paula Castro Castro e Óscar Fresnedo Arias. En concreto, recibiron o segundo premio da modalidade Atención á Diversidade, dotado cunha contía de 400 euros.
O xurado dos premios, convocados polo Vicerreitorado de Internacionalización e Cooperación e o Vicerreitorado de Planificación Académica e Innovación Docente, fixo pública a listaxe definitiva de proxectos premiados o pasado 10 de setembro. En total, outorgáronse seis premios, dous por cada liña temática de participación: sustentabilidade, atención á diversidade e redución das desigualdades. Amais da contribución dos investigadores de CITIC, resultaron recoñecidas as seguintes propostas:
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11388.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://citic.udc.es/gl/un-proxecto-dirixido-por-persoal-investigador-do-citic-galardoado-na-ii-edicion-dos-premios-a-proxectos-de-innovacion-docente-en-aprendizaxe-servizo-da-udc/