
A Asociación Visibles, con sede en Buño (Malpica), deu un novo impulso á súa liña de traballo máis envorcada no plano tecnolóxico, achegando competencias dixitais para favorecer as opcións de emprego das mulleres do ámbito rural, amais da súa autoconfianza e a súa motivación. Froito deste compromiso contra a fenda dixital, a asociación impulsou dúas accións formativas a celebrar en Malpica [3] (no Centro Cívico, do 30 de outubro ao 30 de novembro) e Ponteceso [4] (no Edificio Melga, do 30 de outubro ao 30 de novembro).
Trátase do curso Aprendizaxes básicas dixitais e transversais, argallado en colaboración coa Concellería de Política Social e co Fondo Social Europeo. A programación divídese en obradoiros presenciais grupais e titorías individuais en materia de competencias dixitais e transversais, emprendemento e orientación laboral e adestramento motivacional e psicolóxico. A actividade formativa vai dirixida a mulleres en procura de emprego ou a todas aquelas, que aínda estando en activo, queiran mellorar o seu perfil profesional a través do desenvolvemento de habilidades dixitais e transversais (sociais, laborais e emocionais). Non se precisan coñecementos previos nin é mandatorio residir no concello no que se imparte a formación. Para máis datos cómpre chamar ao 687 99 66 33 ou enviar un correo a info@asociacionvisibles.com [5] (prazas moi limitadas).
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11360.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://asociacionvisibles.com/cursosformativosmalpica/
[4] http://asociacionvisibles.com/cursosformativosponteceso/
[5] mailto:info@asociacionvisibles.com