
As investigadoras do CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) Betania Groba, Laura Nieto e Thais Pousada, xunto ao subdirector Javier Pereira, impartirán un ano máis o curso online masivo (MOOC polas súas siglas en inglés) Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional, que se celebrará a partir do vindeiro 15 de marzo [3]. Este curso aberto é acollido pola plataforma MiríadaX e a súa inscrición é libre e gratuíta.
Segundo informa o CITIC, o MOOC pretende ofrecer unha perspectiva práctica e completa sobre as características, funcionamento e potencialidades de diferentes produtos de apoio, programas, aplicacións móbiles, software de programación e robótica. Ten como principal obxectivo “conseguir que as e os participantes adquiran coñecementos básicos sobre diferentes recursos para a promoción da autonomía e a participación das persoas con diversidade funcional”. O curso ten unha duración estimada de 16 horas, repartidas en 4 semanas nas que se impartirán 4 módulos. O tempo de dedicación estará ocupado pola lectura e visualización dos materiais básicos de formación, a realización das actividades propostas e a participación en foros. Quen desexe máis información pode consultar a plataforma MiríadaX [4].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11109.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://citic.udc.es/gl/investigadores-do-citic-imparten-unha-nova-edicion-do-curso-mooc-tecnoloxias-para-a-participacion-activa-na-diversidade-funcional/
[4] https://miriadax.net/web/tecnologias-para-la-participacion-activa-en-la-diversidad-funcional-3-edicion-