
O Proxecto Innovador da confederación COGAMI de colectivos galegos de persoas con diversidades funcionais estreou os días pasados un blog propio [3], baixo o título A nosa life story [4]. O caderno dixital foi posto en marcha por un grupo de persoas usuarias do Proxecto Innovador de Autonomía Persoal que desenvolve COGAMI nas instalacións do CEGADI de Santiago, para mellorar e posibilitar a inclusión dos colectivos que precisen de apoios para unha recuperación funcional e promoción da autonomía persoal.
O blog ten a súa orixe no Estado de Alarma e na importancia que cobraron nos meses máis críticos as novas ferramentas para manter a comunicación entre todos os integrantes da comunidade de COGAMI e das entidades que forman parte da confederación. Daquela púxose o foco nas moitas e variadas posibilidades das vídeo-conferencias, nas que os usuarios interactuaron, compartiron as súas inquietudes e traballaron as habilidades sociais e relacións interpersoais. Neste punto xurdiu a idea de pór en práctica un sitio online no que continuar esta actividade de comunicación persoal e de intercambio de impresións e experiencias.
Os nomes que saen publicados no caderno virtual son ficticios, elixidos por cada unha das persoas participantes e os textos que publican son previamente revisados polas psicólogas do programa que supervisan e asesoran. COGAMI engade que aínda que o blog xorde tralo confinamento, a idea é que continúe, “para que as autoras e autores sigan expresando todo aquilo que lles conmova no seu día a día”.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10738.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.cogami.gal/difusion/sala-de-prensa/novas/o-proxecto-innovador-de-cogami-estrea-blog-que-recolle-as-inquedanzas-das-persoas-usuarias/
[4] https://anosalifestory.blogspot.com/