
As administracións están a pór en marcha estes días medidas para evitar que a fenda se agrande e permitir que todas as familias poidan seguir coa actividade escolar a través da teledocencia. A Xunta atópase entre estas administracións. Este [3]s días pasados, de feito, [3] repartiu [3]un importante número de [3] computadores e conexións a Internet [3]entre as [3] familias con [3]escasos recursos [3]. O primeiro subministro de material desenvolveuse en menos dunha semana. O segundo foi anunciado este venres 17 de abril para ser repartido na segunda quincena de mes [4].
O primeiro lote estaba constituído por 1.000 equipos informáticos con cadansúas conexións a Internet de balde para fogares con estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. O segundo lote (anunciado este 17 de abril) inclúe 1.750 computadores máis, con cadansúas conectividades. En total, 2.750 equipos prontos para empregar e navegar. Segundo explicou a AMTEGA, cada subministro informático é un pack formado por un ordenador ultraportátil idéntico aos empregados polo alumnado no proxecto de Educación Dixital E-DIXGAL, xunto cun kit que permite a súa conexión de balde á Rede (grazas á colaboración dos operadores R, Vodafone e Orange) e mediante un router Wi-Fi 4G xunto coa correspondente liña de datos 4G. A familias recibirán os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa, mentres dure o Estado de Alarma.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10573.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48289/xunta-reparte-practica-totalidade-dos-ordenadores-conexions-internet-para-familias
[4] https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48421/feijoo-destaca-que-xunta-continuara-coa-tramitacion-100-dos-contratos-servizo