O día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
Esta será a oitava edición que promove o CESGA e este ano farano un pouco diferente, mediante multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia polo COVID-19. É unha gran oportunidade de coñecer a 4 protagonistas para que nos conten en primeira persoa o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos e preguntarlles todo o que queiramos sobre os seus traballos, como chegaron a eles, etc.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_10526.jpeg
[2] https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/gl/dia-rapazas-nas-tic/