
Dende hai catro anos, a Fundación Cibervoluntarios http://www.cibervoluntarios.org/ [3] convoca os PREMIOS EMPODERA, como recoñecemento ás iniciativas xurdidas no último ano, orientadas ao uso social da tecnoloxía, paliando brechas sociais, xerando innovación social e propiciando o empoderamiento cidadán. Un galardón que xa recibiron en edicións anteriores Richard S. Wurman, fundador de "T.E.D" ou Ethan Zuckerman, fundador da Rede Internacional de bloggers Global Voices co Premio á Traxectoria de Empoderamiento.
Estes galardóns supoñen o recoñecemento ao traballo realizado por todas as persoas que utilizan as novas tecnoloxías de forma innovadora coa finalidade de empoderar ás persoas e supón un referente nun tema innovador a nivel internacional. Se ti tes unha iniciativa ou coñeces algunha, non o dubides e presenta a túa candidatura [4] aos PREMIOS EMPODERA. O prazo para presentar a túa candidatura finalizará o 31 de maio ás 24h.
Este 2013, os premios divídense en tres categorias seleccionadas entre iniciativas novas, nacidas entre Xaneiro do 2012 e maio do 2013. Os premios son os seguintes:
Premio Empodera 2013: De todas as iniciativas a Fundación Cibervoluntarios seleccionará sobre a base de orixinalidade, innovación e sostibilidade a 10 finalistas entre os candidatos que se presentasen aos premios. Gañará a candidatura que reciba máis votos dos cibervoluntarios.
Premio Empodera 2013 do público: De todas as iniciativas a Fundación Cibervoluntarios seleccionará sobre a base de orixinalidade, innovación e sostibilidade a 10 finalistas entre os candidatos que se presentasen aos premios. Gañará a candidatura que reciba máis votos en Facebook.
Premio Empodera 2013 á traxectoria: A Fundación Cibervoluntarios selecciona e fai entrega do Premio Empodera á Traxectoria a unha entidade ou persoa cuxo traballo considera que serviu e segue sendo unha fonte de inspiración no ámbito da innovacion sociotecnológica. A devandita entidade/persoa non ten que presentarse candidata aos premios, senón que é seleccionada pola entidade.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130522_PremiosEmpodera.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.cibervoluntarios.org/
[4] http://empodera.org/premios/crear