Curso de iniciación á programación e a robótica
Entidade:
Centro Sociocomunitario do Carballiño
Data de inicio:
Mér, 22/03/2023
Colectivo de actuación:
Outros
Tipo do voluntariado:
Presencial
Localidade:
Carballiño (O)
Lugar de celebración do Apoio Dixital:
Centro Sociocomunitario do Carballiño
Descrición:
O Centro Sociocomunitario do Carballiño solicita o apoio dunha persoa voluntaria para a realización do curso "Curso de iniciación á programación e á robótica", dirixido a nenos e nenas usuarias do seu centro de Carballiño. O apoio dividirase en dúas sesións de 90 minutos de duración. Os contidos a tratar estarán definidos pola persoa voluntaria pero sería recomendable que as sesións sexan eminentemente prácticas. Tanto as datas como os horarios están abertos á dispoñibilidade da persoa voluntaria. As persoas interesadas poden realizar unha ou varias sesións segundo o seu interese.