Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

II edición do concurso #ApuntasTech?

Versión para impresiónSend by email
Descrición:

O obxectivo principal do concurso #ApuntasTech? é xerar un catálogo de propostas concretas que axuden a espertar entusiasmo pola tecnoloxía e alenten as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as nenas entre 10 a 15 anos (5º e 6º de E.Primaria e 1º e 2º da ESO). Polo tanto #ApuntasTech? trata de escoitar e recoller as ideas das e dos protagonistas para gozar as TIC na aula de forma transversal, variada e inclusiva. Búscanse propostas divertidas, apaixonantes, innovadoras, que fagan uso das TIC de forma creativa e transversal, tanto con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa unicamente o seu obxectivo final, senón un medio e sexa posibles levalas a cabo no contexto escolar (en tempo, orzamento...)

Ese catálogo de ideas será un recurso de gran utilidade para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente na aula, pero tamén fóra dela, en actividades extraescolares, en familia, etc. Posteriormente, realizarase unha recompilación das mellores propostas e publicarase con licenza aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes repositorios de materiais educativos online.


Lugar:
Online

Data inicio:
Mér, 15/04/2020


Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal