Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Voluntarios Dixitais

Que é un VOLUNTARIO DIXITAL?

Un voluntario dixital é un internauta capaz de axudar, cos seus coñecementos, entusiasmo e solidariedade, ao despegue da alfabetización dixital, en especial a colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente, sen recibir compensación económica a cambio.

Cal é o seu labor?

  • Complementar as accións de alfabetización dixital desenvolvidas polos diferentes axentes que conforman a rede na nosa comunidade
  • Chegar aos sectores que descoñecen os beneficios das Novas Tecnoloxías, amosarlles as oportunidades que lles ofrece esta forma de comunicación e contribuír así a mellorar a súa calidade de vida
  • Detectar as necesidades dos participantes e traducilas en posibilidades
  • Compartir os seus coñecementos tecnolóxicos cos usuarios do proxecto

Que reciben os VOLUNTARIOS DIXITAIS?

  • Formación
  • Recoñecemento do seu labor
  • Os medios para o desenvolvemento da súa actividade, e apoio dun responsable para resolver calquera dúbida ou problema
  • Así mesmo, ao voluntario faráselle entrega dunha unha serie de elementos útiles para o seu labor, tales como material formativo no que se inclúen manuais e talleres de formación.
  • Posta en contacto con profesionais do sector galego das novas tecnoloxías, o mundo empresarial e o terceiro sector

Cal é o perfil dos VOLUNTARIOS DIXITAIS?

  • Coñecementos técnicos en informática de usuario medio
  • Habilidades sociais, de mobilización e transmisión de coñecemento e información
  • Ganas de compartir o seu tempo e os seus coñecementos
  • Persoas maiores de 18 anos

Como poden facer os labores de VOLUNTARIADO DIXITAL?

Voluntariado presencial
voluntariado presencial
Voluntariado virtual
voluntariado virtual

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia