The North Codes é unha iniciativa de DXC Technology que, por primeira vez, organizan en conxunto os centros DXC de Asturias e Santiago de Compostela. O obxectivo é que os mozos e mozas se acheguen á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería e ás matemáticas (STEM) dunha forma atractiva, divertida e fácil de desenvolver.
En que consiste?
The North Codes é un concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch.
Quen pode participar?
O concurso vai dirixido a estudantes que se atopen entre 5º curso de educación primaria e 4º curso de secundaria. Haberá dúas categorías: Junior (5º EP a 1º ESO) e Senior (2º a 4º ESO).
Que hai que facer?
Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto ata o 20 de maio de 2019, que será a data límite de entrega. Os xuíces de DXC avaliarán todos os traballos recibidos en base á creatividade, orixinalidade, precisión e méritos técnicos, e boas prácticas de programación.
Por que participar?
Aprender informática desta forma é moi fácil e divertido; e axuda a desenvolver capacidades de gran utilidade para o futuro. Ademais, haberá premios fantásticos para os gañadores e moitas sorpresas!
Visita thenorthcodes.com [2] para coñecer todos os detalles!
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_9838.png
[2] http://thenorthcodes.com/