O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) vén agradecendo de forma pública o labor realizado polos elementos máis dinámicos e comprometidos da sociedade en favor dos dereitos, a participación comunitaria, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade e das súas familias. A tal fin, o CERMI instituiu uns Premios, baixo a denominación de cermi.es, nome do seu órgano oficial de comunicación, que constitúen un recoñecemento e unha expresión de gratitude á solidariedade demostrada pola sociedade cos obxectivos defendidos pola representación organizada das persoas con discapacidade e das súas familias.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_8826.jpeg
[2] https://www.cermi.es/es/actualidad/novedades/bases-reguladoras-de-los-premios-cermies-2018