Dende VOLDIX precisamos 14 persoas voluntarias con curiosidade e espírito participativo, para a realización de tarefas de apoio na preparación e desenvolvemento de varios obradoiros para nenos a partir de 6 anos (arduino, plastilina condutiva...) que se desenvolverán dentro do marco da Maker Faire Galicia 2017 [1] que terá lugar os días 25 e 26 de novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Para máis información podedes consultar a súa web https://galicia.makerfaire.com/edicion-2017. [2]
O horario do apoio será de 9.00 a 14.00 horas que se distribuirán en dúas quendas de 7 persoas, unha para cada día. As persoas participantes realizaredes as seguintes tarefas: 5 persoas permaneceredes durante os obradoiros como auxiliares de información, listaxe de asistentes, acompañamento e reposición de material; 2 persoas estaredes situadas na recepción para formalizar as inscricións e facilitar información aos asistentes. @s voluntari@s interesados, poderedes participar os dous días en calquera das tarefas dispoñibles.
Así mesmo, os voluntarios/as participantes poderedes desfrutar de acceso gratuíto ao espazo da Maker Faire durante toda a xornada do sábado e do domingo.
Ligazóns:
[1] https://galicia.makerfaire.com/edicion-2017/
[2] https://galicia.makerfaire.com/edicion-2017
[3] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/7540