Os días 6 e 7 de novembro celebrarase en Madrid o VIII Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade; dedicado aos protagonistas da Transformación Dixital Accesible.
A transformación dixital é un fenómeno complexo e transversal, pero non hai que esquecer que está impulsado por persoas e o seu obxectivo final son as persoas. Non hai regras fixas, nin mapas infalibles, o resultado da transformación dixital dependerá de decisións de múltiples persoas. Por iso, o lema do VIII Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade é “Os protagonistas da transformación dixital”.
Durante dous días, o 6 e 7 de novembro, poderase escoitar ás persoas que lideran a transformación dixital nas empresas, a Administración Pública e o terceiro sector, ademais de coñecer os proxectos, produtos e servizos innovadores de emprendedores e PEMES.
Os Congresos de CENTAC buscan reunir ás persoas interesadas nas TIC e a súa accesibilidade e fomentar o coñecemento e as relacións para que a transformación dixital sexa accesible.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_7468.jpeg
[2] http://www.centac.es/es/8congreso/inicio