A Asociación de Dano Cerebral de Compostela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve a súa labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago.
Nesta era de comunicación e novas tecnoloxías gustaríanos contar cunha persoa voluntaria dixital para apoiarnos na creación dun Arquivo Audiovisual que mostre a Historia de Sarela (desde o ano 2000 ata o presente), a través do cal, con imaxes, vídeos, publicacións de prensa e demais, se poida ver toda a súa traxectoria.
O apoio tería a supervisión do responsable de comunicación e consistiría en 1-2 días á semana, entre 1 e 2 horas en horario de mañá durante 3 meses (outubro-decembro), a concretar segundo compatibilidade de horario da persoa voluntaria.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/7266