Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 27 de maio o evento “Scratch Day 2017” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.
Diríxese fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa tiveran traballado con Scratch, e que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da programación de robots a través de Scratch.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_6949.jpeg
[2] http://www.cpetig.org/index.php?option=com_content&task=view&id=427&Itemid=69&eprivacy=1