Precísanse 10 voluntarios/as que participen no evento DICO Summit promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxia de Galicia (AMTEGA) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia). As tarefas centraránse no apoio na loxísitca do evento tales como: inscrición, networking, showroom, asistencias ao público, asistencias aos relatores e asistencia aos invitados internacionais (para a realización desta tarefa sería preciso falar inglés). As datas de celebración son o 24 de xaneiro en horario de mañá e tarde e o 25 de mañá no Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Para obter máis información podedes visitar a súa web http://dicosummit.gal/ [1]
Ligazóns:
[1] http://dicosummit.gal/
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/6448