Co fin de publicitar a nosa gastronomía precisamos un voluntario/a para realizar tarefas de apoio na promoción e dinamización das redes sociais Facebook e Twitter asociadas á campaña "Sabores de Vimianzo pola rede". Dita colaboración realizarase cunha visita aos establecementos turísticos e hostaleiros do concello 1 día por semana cunha duración total aproximada de 4 meses. Tamén se considera a posibilidade de desempeñar o traballo dende a casa xestionando os contidos que os responsables dos establecementos proporcionen.
Esta iniciativa está promovida pola Aula CeMIT de Vimianzo no marco do Proxecto colaborativo CeMIT-Innova, posto en marcha pola Amtega para o fomento da Innovación Social Dixital en Galicia.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/6215