Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa AMTEGA, organizará o vindeiro día 26 de outubro o evento “Scratch Day 2019” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.
Díxirexe fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa tiveran traballado con Scratch, e que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da programación a través de Scratch.
A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os rapaces se sintan atraídos cara a programación informática.
Ademais, en paralelo, impartirase un obradoiro destinado fundamentalmente a persoas interesadas en formar a rapaces.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_10339.png
[2] https://www.eventbrite.es/e/registro-v-scratch-day-2019-75898541581