A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), continúan a traballar para reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
O obxectivo do programa Girl STEM consiste en orientar e empoderar ás rapazas con charlas inspiradoras destas directivas e investigadoras que lles falarán do seu traballo, para animar ás máis novas a escoller, se o desexan, titulacións STEM. Este programa forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, especialmente nas rapazas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/mar_capeans.png
[2] https://www.agasol.gal/agasol-e-amtega-reeditan-o-programa-girl-stem-para-animar-as-rapazas-a-cursar-estudos-cientificos-e-tecnoloxicos/