Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Logo Proxecto Simon
04/12/15 (09:31)
Non é sinxelo atopar unha praza de aparcadoiro nunha gran capital como Madrid. Pero a tarefa é moito máis complexa para as persoas con mobilidade reducida, que a pesar de ter teoricamente garantías de espazos reservados para eles, na práctica comproban como a miúdo outros condutores ocupan eses lugares. Facilitar a mobilidade e a procura de estacionamento é a misión coa que naceu a app SIMON Mobile, que podes descargar gratuitamente en Google Play para o teu dispositivo Android.
Entrega dos certificados do curso TIC en Ferrol
03/12/15 (09:01)
O Concello de Ferrol vén de entregar os certificados de alfabetización dixital aos participantes nun recente curso TIC incluído no programa Sumemos inclusións, iniciativa dirixida a beneficiarios da RISGA (Renta de Integración Social de Galicia) e encamiñada a fomentar a inclusión social na contorna ferrolá.
Reunión da Xunta co Cermi
03/12/15 (07:46)
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe en San Caetano nunha xuntanza de traballo coas entidades e federacións que forman parte do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi-Galicia), para por de manifesto o firme compromiso de todo o Goberno galego cos dereitos e integración plena deste colectivo que mañá xoves conmemora o seu día internacional.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal