Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Google Home Mini.
15/10/18 (14:52)
Hai pouco máis dun ano que chegou o Asistente de Google en español aos teléfonos móbiles e cada vez son máis os dispositivos que o utilizan como base para controlar as casas intelixentes, nas que a tecnoloxía se pon ao servizo das persoas. Desde a súa chegada, o Asistente de Google viu como o ecosistema de dispositivos compatibles foi crecendo, de maneira que as posibilidades para facilitar a vida de persoas con discapacidade no seu fogar son cada vez maiores. Así, apagar as luces, acender o aire acondicionado ou controlar a temperatura coa voz é cada vez máis fácil. Primeiro foron os móbiles os que utilizaron o Asistente de Google, logo chegaron os altofalantes Google Home e Google Mini, e agora son enchufes, lámpadas, termostatos ou proxectores que se poden manexar pola voz. Toda esta tecnoloxía permitirá mellorar a autonomía de millóns de persoas con discapacidade, aumentando o seu benestar e a súa calidade de vida.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia