Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Participantes da Universidade de Vigo nunha das anteriores edicións de HackForGood Telefónica.

Vigo renova a súa presenza activa no encontro HackForGood de Telefónica

Versión para impresiónSend by email
Vigo, 20/03/19 (07:50)

A operadora Telefónica, a través da súa Rede de Cátedras, impulsa un ano máis HackForGood, o encontro interuniversitario que se celebra de maneira simultánea en varias cidades e que consiste en xuntar hackers de toda España para desenvolver solucións tecnolóxicas innovadoras que dean resposta a máis dun centenar de retos sociais expostos para construír un mundo mellor. Vigo, Madrid, Valencia, Sevilla, Murcia, As Palmas de Gran Canaria, Valladolid, Salamanca, Cáceres e Cidade-Real acollerán esta sétima edición 2019.

HackForGood conta co apoio da Fundación Hazloposible, Fundación Telefónica, MashmeTV e a Universidade de Vigo, ademais da colaboración especial de EFIC e OpenWebinars. O encontro interuniversitario celebrarase os días 21, 22 e 23 de marzo en 10 cidades españolas de forma simultánea durante 48 horas. Na listaxe de sedes, hai presenza galega: o Teatro da Cidade Universitaria da Universidade de Vigo. HackForGood estrutúrase ao redor de desafíos ou proxectos de innovación social denominados “retos” que poden ser propostos por calquera persoa ou entidade a través da web http://www.hackforgood.net e que a organización asignará a un equipo de hackers para que traballen na iniciativa durante o transcurso do encontro. 

Durante HackForGood 2019 valorarase a formación de equipos multidisciplinares que inclúan todo tipo de perfís: deseñadores, informáticos, enxeñeiros, técnicos, sociólogos, emprendedores sociais, etc., ademais da creatividade e innovación das solucións propostas, o grao de acabado conseguido durante o hackaton e o impacto social das mesmas. Con todo iso, os participantes poderán acceder a tres categorías de premios: locais, nacionais e Big Day.

O ano pasado, os gañadores a nivel estatal foron os responsables de Frigde Ligero, un proxecto centrado en facilitar a experiencia de compra e consumo alimenticio aos invidentes para mellorar a súa autonomía; ParticleAI, un sistema centralizado baseado en Intelixencia Artificial con capacidade para analizar, controlar e predicir o estado de partículas en suspensión, pole e contaminación a partir de grandes cantidades de datos históricos co obxectivo de mellorar a calidade de vida da sociedade; Read2Hear, unha aplicación para persoas con deficiencias auditivas que permite recoller a voz e traducila en modo texto mediante un dispositivo que pode integrarse nunhas lentes e, finalmente, Small Portable Defibrillator, un desfibrilador moi pequeno que se conecta directamente co móbil do usuario, avisando aos sanitarios coa localización do dispositivo, así como o diagnóstico do afectado e consellos para a persoa que estea a asistir ao paciente.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal