Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Premios Fundación Telefónica ao Voluntariado

Premios Fundación Telefónica ao Voluntariado

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 16/10/18 (10:11)

No seu 20° aniversario, Fundación Telefónica quere recoñecer e agradecer o valor que o voluntariado aporta á sociedade. Farao a través dos Premios Fundación Telefónica ao Voluntariado, que teñen como obxectivo sensibilizar e incentivar a acción voluntaria, así como servir de catalizadores das iniciativas do voluntariado en España.

Os galardóns están destinados a premiar o cultivo dos valores do voluntariado a través da súa difusión nos medios de comunicación; a promoción e e seu labor en ámbitos educativos; e o traballo desenvolvido polas propias entidades sociais e corporativas, dado que todos eles contribuen ao progreso e benestar social dunha maneira extraordinaria.

En redes, podes seguir toda a actualidade relacionada cos premios co hashtag #PremiosVoluntariado.
Para máis información consulta en https://www.fundaciontelefonica.com/voluntarios/premios/

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Telefónica
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal