Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Darío Campos, Rosana Rielo e a alcaldesa Lara Méndez na inauguración do Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo.

Lugo enfía a recta final de ano con 11 cursos TIC e titorías tecnolóxicas

Versión para impresiónSend by email
Lugo, 05/10/18 (10:50)

O Concello de Lugo presentou esta semana o seu programa de obradoiros de dixitalización para a recta final de 2018. Estamos a falar de 11 cursos de balde a desenvolver ao longo destes meses nas aulas CeMIT do Castiñeiro e de María Balteira e máis no Edificio de Novas Tecnoloxías emprazado en pleno casco vello da cidade. As accións formativas achegan 145 prazas e titorías tecnolóxicas. Por temas, abordaranse de cheo cuestións de especial relevancia para a empregabilidade das veciñas e veciños de Lugo (e tamén para mellorar a súa formación e mesmo a súa calidade de vida). Achéganse introducións á informática, á robótica ou á creación de páxinas web. 

O programa, que se desenvolve baixo a programación de Tecnoloxíza-T!, desenvolverase nun emprazamento ou noutro dependendo das idades ás que se dirixe. Así, no caso da aula do Castiñeiro, as actividades están encamiñadas a rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, e no resto, para persoas maiores de 14 anos. 

Na aula do Castiñeiro e no Edificio de Novas Tecnoloxías as actividades desenvolveranse en xornada de tarde, e na de María Balteira todas serán en quenda de mañá.

O número máximo de alumnos e alumnas é de 10 ou 15, dependendo da actividade formativa, sendo o mínimo de persoas inscritas de 8 no caso de que as prazas ofertadas sexan 15, ou de 6 no caso de 10 prazas. 

Inclúense os seguintes cursos na aula do Castiñeiro: Informática de nivel intermedio para nenas e nenos (30 horas, 15 prazas, luns e mércores de 18.00h a 19.30 horas, do 15 de outubro ó 19 de decembro) e Creación de páxinas web (24 horas, 15 prazas, martes e xoves de 18.00h a 19.30h, do 16 de outubro ó 13 de decembro).

No caso da aula de María Balteira, os obradoiros son: Iniciación á informática nivel II (15 prazas, 30 horas de formación, de luns a venres de 10.00h a 12.00h, a partir de 14 anos), Informática nivel intermedio (15 prazas, 30 horas, de luns a venres de 11.00h a 13.00h, do 19 de novembro ó 11 de decembro, para maiores de 14 anos) e Titorías tecnolóxicas (de 12.00h a 14.00h, o primeiro luns de cada mes a partir de novembro, non é precisa inscrición previa).

No Edificio de Novas Tecnoloxías celébrase o seguinte programa de obradoiros: Iniciación ao Autocad (40 horas, 15 prazas, de luns a xoves de 17.00h a 19.00h, do 1 ó 31 de outubro, a partir de 14 anos), Monta unha impresora 3D (oito horas, 10 prazas, sábados de 17.00h a 21.00h, do 20 e 27 de outubro, a partir de 14 anos), Creación de videoxogos (30 horas, 10 prazas, para maiores de 14 anos, de luns a xoves de 17.00h a 19.00h, do 5 ó 28 de novembro), Iniciación á robótica (12 horas, 10 prazas, os sábados de 17.00h a 21.00h, do 3 e 17 de novembro, para maiores de 14 anos), Trámites electrónicos coa Administración (4 horas, 15 prazas, o sábado 24 de novembro de 17.00h a 21.00h, para maiores de 14 anos), Negocios online (20 horas, 15 prazas, de luns a xoves de 19.00h a 21.00h, do 3 e 18 de decembro, para maiores de 14 anos), Introdución á robótica (12 horas, 10 prazas, de mércores a venres de 17.00 a 21.00 horas, a partir de 14 anos) e Titorías tecnolóxicas (de 17.00h a 19.00h, o último sábado de cada mes a partir de outubro e sen que sexa precisa inscrición previa).

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal