Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo ReciclaGo.

ReciclaGO coida do medio ambiente da man de Yoigo

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 01/08/18 (11:57)
  • Esta compañía ten instalados máis de 770 puntos de recollida nas tendas Yoigo, do grupo MásMóvil. O obxectivo é que os residuos electrónicos, teléfonos móbiles, baterías e accesorios se reciclen correctamente.

 

A compañía RECICLAGO reciclou máis de 50.000 dispositivos móbiles no últimos cinco anos, o que equivale a case 7 toneladas de residuos electrónicos. Grazas ao traballo desenvolvido pola compañía, terminais e dispositivos móbiles en desuso foron reparados para darlles unha segunda vida ou foron reciclados adecuadamente, seguindo a premisa da Tripla R da sustentabilidadeReducir, Reutilizar e Reciclar.
 
Segundo un informe de Nacións Unidas, anualmente xéranse 50 millóns de toneladas de residuos electrónicos no mundo, e estímase que entre o 70 e o 90% deste lixo podería reutilizarse se recibise un tratamento adecuado. Co fin de dar resposta a esta necesidade para preservar o medio ambiente e a saúde do planeta, ReciclaGO púxose en marcha no ano 2014. Desde entón, tratou máis de 50.000 dispositivos móbiles aos que deu un segundo uso ou reciclou de forma adecuada, reducindo así o volume de residuos.
 
A maioría destes dispositivos que no canto de quedar esquecidos no fondo dun caixón ou tirados no lixo foron correctamente tratados por ReciclaGO proveñen de puntos de recollida situados, maioritariamente, en establecementos da operadora Yoigo.
 
Un proceso beneficioso para todos
Os teléfonos móbiles conteñen elementos contaminantes como chumbo, litio, coltán, arsénico, mercurio, bario, selenio, PVC ou cromo, entre outros. Por elo, o correcto tratamento destes materiais contribúe á protección do medio ambiente e xera aforro en recursos naturais.
 
"Cando recibimos un dispositivo avaliamos se pode ser reparado para darlle unha segunda vida e, en caso contrario, encargámonos da separación controlada dos materiais. Os residuos contaminantes son tratados especificamente e os elementos metálicos ou de plástico son reciclados", explica Sergio Hernández, director de ReciclaGO.
 
Unha alta porcentaxe dos terminais móbiles que recibe ReciclaGO envíanse a países en vías de desenvolvemento, ofrecendo así aos habitantes de zonas nas que a telefonía fixa aínda non chegou a opción de dispoñer de liñas de comunicación. O resto de dispositivos son desarmados para reciclar os seus compoñentes, evitando e previndo así o dano ecolóxico.
 
Aquelas persoas con terminais móbiles en desuso poden depositalos -tamén as baterías e outros accesorios como cargadores, transformadores, etc...- nos puntos de recollida das tendas Yoigo. Unha vez nas instalacións de ReciclaGO procédese á análise dos mesmos e en función da súa posible reutilización os propietarios poden recibir un bono para trocar na tenda, ou diñeiro.
 
As empresas tamén poden colaborar co medio ambiente acolléndose a esta opción que permite garantir un correcto tratamento dos seus residuos electrónicos (como os teléfonos móbiles usados) obtendo, ademais, diñeiro e unha forma de financiar a adquisición de novos terminais.
 
"Debemos, entre todos, tratar de forma correcta os elementos contaminantes e reducir os residuos xerados a través da reutilización dos materiais ou a reciclaxe dos seus compoñentes", resume Sergio Hernández.
Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal