Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Portada do libro 'The Ability Hacks'.

"Ata que haxa unha cura para a ELA, a tecnoloxía pode ser esa cura"

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 01/08/18 (12:19)
  • Microsoft editou un libro, "The Ability Hacks", co que quere impulsar a tecnoloxía inclusiva e accesible dirixida a persoas con discapacidade a través das historias que rodearon as súas Hackathons de 2014 e 2015.

 

Os Hackathons son maratóns de innovación no que enxeñeiros e desenvolvedores dedican todo un día a buscar unha solución para un problema concreto a través da tecnoloxía. Nestes Hackathons de Microsoft, o obxectivo é axudar a persoas con discapacidade a mellorar a súa calidade de vida.

En 2014, o protagonista do Hackathon foi o ex xogador da NFL, a liga profesional de fútbol americano de EEUU, Steve Gleason, que foi diagnosticado con ELA e que retou aos participantes no maratón para desenvolver un sistema que lle permitise manexar a súa cadeira de rodas cos ollos.

O resultado foi Ability Eye Gaze, un equipo de enxeñeiros de Microsoft que logrou desenvolver esta ferramenta e que permitiu a Gleason desprazarse co movemento dos seus ollos.

Tras ver o resultado do Hackathon, Gleason asegurou que "ata que haxa unha cura para a esclerose lateral amiotrófica (ELA), a tecnoloxía pode ser esa cura".

Ademais, tras o Hackathon un equipo de Microsoft Research seguiu traballando nesta liña e desenvolveu Eye Control, un programa que xa vai incluído en Windows 10.

No caso do Hackathon de 2015, o gañador foi o equipo Learning Tools que desenvolveu un programa para axudar a nenos con dislexia a ler e a mellorar a súa aprendizaxe, e que agora utilizan moitos equipos de educadores en Estados Unidos.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal